Monforte acolle un foro sobre xestión de residuos para a redución da pegada de carbono

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O vindeiro 25 de setembrodesenvolverase enMonforte un foro sobre xestión de residuos urbanos onde se analizarán algunhas das solucións que nesta materia están en marcha en diferentes puntos da xeografía española como fórmula para reducir a pegada de carbono. O Foro celebraraseno Parador de Turismo de Monforte.

O obxectivo dodevandito Foro é analizar a situación da xestión dos residuos municipais buscando solucións que posibiliten un abaratamento dos custos que teñenos concellos en Galicia.En primeiro lugar centrarasenunhaanálise da situación da xestión en Galicia, exposición que realizará o presidente de SOGAMA.

A continuación analizarase a maneira de diminuír a cantidade dadenominada“fracción resto”, que agoravai a Sogama, mediante oaproveitamento previo dos residuos contidos nacitada fracción a través de tratamentosxa experimentados.

Con esta finalidadepresentaranseos modelos de xestióndesenvolvidos en Cataluña, a través de la experiencia do Consorcio del Bagés, formado por 34 municipios, e da experiencia da xestión en Euskadi, a través doServizo Mancomunado de Recollida de Residuos Urbanos da Cuadrilla de Ayala, que atende a unhapoboaciónduns 35.000 habitantes.

Ademais, oForo acolleráa presentación dos modelos de xestión da “fracción resto” que se seguennomunicipio de Rivas Vaciamadrideo que recentemente se puxo en marcha en Galicia e que xestiona“a fracción resto” de Touro (Compostela).

Por último, e como sistemas para depositar menos residuos na“fracción resto”analizarase a recollida selectiva de roupae dos aparatos eléctricos e electrónicos.

Trátasepois de buscar alternativas que alivien a carga financeira que supón a xestión dos residuos para acidadanía.

O Foro está organizado polaAxencia de EcoloxíaUrbana do Eixo Atlántico, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e o Concello de Monforte de Lemos, no marco do Programa Europeo Climatlántic.

As persoas que desexen participar deberán confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico a: adm.pec@eixoatlantico.com. A data límite para o envío das inscricións será o día 18 de setembro.

12 de setembro de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.