publicidade hoxe

Medio Ambiente comeza a demolición da estrutura dun edificio de vivendas en Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+
Estrutura que será derrubada

Estrutura que será derrubada

A Xunta de Galicia inicia os traballos de demolición dunha estrutura dun edificio de 74 vivendas, con semisoto, planta baixa, dúas plantas e baixo cuberta no lugar de Pedreira, termo municipal de Padrón. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) adxudicou por 185.000 euros as labores de derribo é empresa Construcións Iglesias Mera, S.L, quen a partir de mañá executará os traballos de rozadura, así como a tramitación para a súa aprobación do plan de seguridade e saúde e plan de xestión de residuos.

Dado que esta estrutura se atopa próxima a outras vivendas, tamén se iniciará un protocolo de gretas, que implicará a revisión das vivendas para determinar o seu estado actual e que definirá que traballos se poden executar manualmente e a partir de que momento de poderán empregar as máquinas. Nun prazo apróximado de 15 días, comezarán as tarefas de derribo da estrutura.

Esta edificación, carece de licenza municipal, non se adapta ao contorno existente e non conta ca autorización autonómica esixible polos artigos 33 e 37 da Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia, xa que a edificación se sitúa no contorno de protección do Convento dos Dominicos, incluído no Catálogo Complementario de Bens con valor histórico artístico ou cultural.

O pasado 15 de xaneiro de 2004 o responsable de Urbanismo ditou resolución declarando ilegalizables as obras de construción deste edificio e ordenando a súa demolición a custa do interesado, co apercibimento da súa execución forzosa en caso de incumprimento da citada orde de demolición.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou Resolución dispoñendo a execución forzosa da mesma mediante a execución subsidiaria a costa do obrigado.

Cómpre lembrar que a finalidade da APLU é velar polo uso racional do solo consonte ao que dispón a normativa reguladora do urbanismo e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo.

O obxectivo último da APLU, que non é o de derrubar, sancionar e recaudar, senón contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio.

25 de setembro de 2014 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.