Marín acollerá a VIII Xuntanza de Laboreras

Presentación da xuntanza
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodriguez e as representantes de Bolymar, a asociación de palilleras de Marín presentaron hoxe a VIII XUNTANZA DE LABORERAS, que terá lugar o domingo 28, no Pavillón do Instituto Illa de Tambo.
A Concelleira destacou a importancia de que o concello apoien economicamente estas actividades que forman a nosa historia e a nosa tradición. Espéranse 500 palilleras que estarán a mostrar as súas obras durante todo o día para que todo o que queira achéguese a gozar de como as palilleras crean os seus labores.