publicidade hoxe

Manuela Luaces desvela as súas mellores receitas de repostería nunha publicación presentada en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 4 de outubro, o acto de presentación do libro “Tradición repostera. Recetas caseras de Manuela Luaces”. A publicación nace da paixón pola cociña de Manuela Luaces. Durante anos, e case por obriga coa historia e a tradición, traballou no negocio familiar, a Panadería de Juan Luaces, aínda que coñecida por todos como a das Cotolidas. Hai un tempo, esta artesana panadeira decidiu prexubilarse e, con ela, botou o peche o establecemento.

Agora, e animada pola súa filla, Rosa María Losada Luaces, decide compartir con todo o mundo as súas mellores receitas de repostería. Propias e dunha sinxeleza que, segundo explica, incluso os nenos poden facelas. Receitas como bizcoitos –tan típicos da zona– ata brazos de xitano, bolas de mazá, roscón de queixo, pastel de neve… Así, ata 45, presentadas todas elas cos ingredientes exactos –e fáciles de conseguir, co proceso de elaboración paso a paso, o tempo, a temperatura do forno ou o número de comensais que poderán disfrutar do resultado. Resultado que tamén se pode apreciar a través de imaxes fotográficas a toda cor.

A publicación, da que se editaron uns 300 exemplares, está xa á venda ao prezo de 12 euros nos locais das asociacións de veciños. Este sábado, a partires das 19 horas, presentará o seu libro e, xunto a ela, estará o alcalde da localidade, Ignacio Cabezón Lorenzo, e de seguro, os moitos veciños e veciñas de Neda que quererán acompañar a Manuela nesta ocasión tan especial.

30 de setembro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.