Máis dun centenar de firmas relacionadas coa madeira participarán na Feira do Moble de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

A Feira do Moble de Galicia, abrirá as súas portas o próximo día vinte, dando cabida a máis dun centenar de firmas relacionadas coa madeira e o moble, tapicería, relax, iluminación, decoración, antigüidades, etc…A entrada será gratuíta e sorteásense vales de compra, ceas e unha viaxe para dúas persoas.Terán lugar diversas xornadas técnicas totalmente gratuítas, toda a información das mesmas está na páxina www.feiradomoble.com.

En canto á procedencia das firmas presentes, as firmas nacionais alcanzan o 85%, destacan as procedentes da nosa Comunidade Autónoma que superan o 72% e dentro destas o 34% son as firmas locais. Do resto de España, proceden o 13% das firmas presentes.

O certame contará coa presenza de Juan Fortuny que presentará unha mostra da súa obra pictórica, caracterizada pola vitalidade e forza dos seus óleos. Juan Fortuny, é un artista catalán consagrado e avalado por máis de corenta anos dedicados ao mundo da pintura.

As súas obras deron a volta ao mundo e recentemente estiveron presentes nas exposicións máis salientables: Harrod´s Galleries de Melbourne, Amics de Montmartre en París, Omell Gallery de New York, Art and Culture de München, Coyton Art Center de Sidney, Demain Galleries de Tokyo, etc…

A colección que presentará na XXVIII Feira do Moble de Galicia, é unha selección repleta de colorido e realismo, recreando o mundo do detalle, da decoración de interiores, hoteis, etc…

Juan Fortuny, recala no Recinto Feiral Estradense, avalado polas súas últimas distincións entre as cales podemos destacar: Premio S.I.M.O., Medalla d`argent au merite artistique, Mentión Honorable Salon du Val d´Or, Premio de Honra Exhibición de Pintura Europea en California, Gran Medalla VIII Prix Côte d´Azur, etc…

Esta nova edición da Feira do Moble de Galicia, chega precedida de novidades, unha mostra renovada e poliédrica que aborda non só no mundo do mobiliario se non tamén o da alta decoración, relax, ergonomía, etc…, a mostra por excelencia do noroeste peninsular.

5 de setembro de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.