Máis de 80 persoas participaron no curso de tai-chi da Casa Rosada de Poio
Esta será a actividade que vai a dar o pistoletazo de saída o día 1 de outubro á programación do centro de servizos sociais do concello de Poio, popularmente coñecido como a casa rosada. Hai cursos que xa están con reserva como poden ser o corte-confección ….pero noutros: artes decorativas, teatro, cestería, informática, cociña, bordado …. aínda quedan prazas libres, animando especialmente ós-ás veciños-as do concello.
As clases de taichi celébranse os luns, mércores e venres de 10 a 12 da mañán , repartindo o alumnado en dous grupos. A maioría dos participantes superan os 70 anos de idade tendo varias alumnas que teñen máis de 85 anos. O longo dos anos,( máis de 21 anos impartindo taichi no centro social), esta actividade ten alumnos fieles e novos-as adeptos.
Aínda que a inscrción está aberta si é certo que no caso de Taichi xa estamos con lista de espera.
A concellaría de benestar social aposta polo mantenemento desta actividade que tantos beneficios aporta ós que participan dende hai anos.











