Máis de 300 persoas danse cita no aniversario de Dysbodesa

Aniversario Dysbodesa
Os viños selectos das 17 adegas que achegou Dysbodesa até os xardíns da AC Palacio del Carmen de Compostela atraeron a un gran número de persoas do ámbito hostaleiro e gastronómico. Preto de 300 déronse cita esta tarde para gozar dos viños que comercializa esta distribuidora compostelá, que con este acto celebraba así o cuarto aniversario da súa creación. O evento, organizado pola alma mater de Dysbodesa, Carlos M Jorge, permitiu gozar aos asistentes das elaboracións de 17 adegas de oito denominacións de orixe diferentes: Bodega Valenciso; Fontana; Tamaral; Amaren; De la Rica; Lagar de Costa; Pazo Casanova; Terra do Castelo; Quinta do Buble; Bodegas Carballal; Bodegas Castro Brey; Habelas Hailas; Valduero; Morgadío; Viña Somoza, Amedo e Oriol Rossell. Unha oportunidade única para gozar das súas creacións e coñecer aos seus responsables.
Ademais de gozar destes viños, os asistentes puideron gozar coas elaboracións de Nelssy Soriano, chef do restaurante do Palacio del Carmen, así como coa presenza ex campión galego de corte de xamón e terceiro no ranking nacional, José Míguez, e do actual campión galego de coctelería clásica, Pedro Sestayo, encargado de pechar o evento cunha demostración de coctelería.











