publicidade hoxe

Lousame organiza un curso teórico-práctico de iniciación á fotografía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame organiza un Curso Teórico-Práctico de Iniciación á Fotografía, que terá unha duración de dez horas e será impartido polo Colectivo Olláparo (Boiro). As clases terán lugar durante o mes de outubro na Casa da Cultura de Lousame, que acollerá catro sesións: todos os sábados de 11:00 a 13:30 horas.

Máis información e inscricións na Oficina Municipal de Información e Xuventude do Concello de Lousame, no teléfono 981 820 494. Ademais dos fundamentos teóricos da fotografía, contémplanse distintas saídas para poñer en práctica as técnicas aprendidas.

11 de setembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.