publicidade hoxe

Lousame adxudica as obras correspondentes ao POS 2014 por 92.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame vén de adxudicar por un importe de 92.334 euros (IVE incluído) as dúas obras correspondentes ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2014. A Xunta de Goberno Local adxudicou por 42.000 euros á empresa Excavaciones y Obras Públicas Galicia SL as obras de mellora do camiño Escabia-Fruíme e dos accesos a Marracín de Abaixo.

Así mesmo, a empresa Nemesio Ordóñez SA foi a adxudicataria das obras de acceso a Quintáns de Berrimes e de pavimentación do camposanto de Tállara, por un importe de 50.334 euros. Unhas adxudicacións que supoñen unha rebaixa do 11,5% sobre o inicialmente orzamentado (104.428,58 euros), o que supón un aforro de 12.094,49 euros sobre o proxecto aprobado polo pleno municipal de Lousame.

4 de setembro de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.