Localizan o corpo sen vida entre os cascallos da vivenda derrubada en Cotobade
Efectivos de emerxencias localizaron en torno ás 20.30 horas deste venres o corpo sen vida do home desaparecido tras derrubarse unha casa en obras na localidade pontevedresa de Cotobade.
Segundo informou a Central de Emerxencias 112-Galicia, a derruba aconteceu sobre as 18.20 horas deste venres cando, por causas que aínda se descoñecen, unha casa en obras no ámbito da estrada N-541, na parroquia de San Xurxo de Sacos, veuse abaixo.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos parques de Bombeiros de O Salnés e Pontevedra, así como un equipo de Urxencias Médicas 061-Galicia, Garda Civil e Garda Civil de Tráfico.
Os veciños da zona alertaron de que no interior da vivenda no momento da derruba se atopaban dúas persoas, o o seu propietario, un contratista, e un obreiro. O traballador, non obstante, foi localizado con feridas leves poucos momentos despois.
Non obstante, o propietario da vivenda quedou atrapado baixo os entullos, que tamén afectaron a dous vehículos aparcados fronte á vivenda. Non foi ata pasada as 20.30 horas cando os efectivos de emerxencias puideron recuperar o seu cadáver.











