La Caixa dona material escolar e cheques para alimentos ás familias sen recursos de Porto do Son

Sinatura do convenio entre La Caixa e o Concello de Porto do Son
A entidade La Caixa está colaborando co Concello de Porto do Son en diferentes ámbitos, patrocinando diferentes eventos sobre todo de tipo deportivo. Pero en este caso, grazas a esa colaboración entre o Concello e a obra social La Caixa e grazas a esa gran labor que fai esta entidade no ámbito dos servizos sociais, e tan necesarios sobre todo en momentos de crise como o que estamos a vivir e nos que as familias en moitas ocasións non contan con recursos suficientes para facer fronte a gastos de primeira necesitade como pode ser a alimentación ou a educación dos seus fillos, en estes momentos é cando esa colaboración se fai fundamental e vital para moitas familias do Concello.
Por ese motivo dende o Concello agradecen á obra social a súa colaboración coa donación de:
– 27 kits de material escolar para nenos de familias sin recursos do concello que xestionará a asociación parroquial Loa.
– dous cheques para compra de alimentos, un por importe de 2.000 euros que se xestionará a través de servizos sociais do concello, e outro por importe de 700 euros, que xestionará a asociación parroquial Loa.
Dende o concello queren agraceder a gran labor e a axuda proporcionada por La Caixa representada a través do director da sucursal do concello, Francisco Sarrasquete. E por suposto agradecer a labor que fai a asociación parroquial Loa e a súa presidenta, Cristina Santamaría colaborando sempre co concello e traballando altruístamente para axudar as familias máis desfavorecidas.











