Instalan na rúa do Paseo a exposición coas fotos do I Maratón Fotográfico Cidade de Ourense
Na mañá de hoxe quedou instalada unha nova exposición que organiza a área de Cultura do Concello de Ourense. Trátase dunha selección de fotografías que participaron no I Maratón Fotográfico Cidade de Ourense 2014, celebrado o pasado 10 e 11 de maio.
En total son 66, as fotos que compoñen esta mostra, e que estarán ubicadas ao longo da rúa do Paseo durante aproximadamente un mes. O I Maratón Fotográfico Cidade de Ourense foi organizado pola concellería de Educación e Cultura en colaboración coa agrupación LADDO.es, dentro das iniciativas enmarcadas na capitalidade de Ourense do Eixo Atlántico. Trátase de fotografías urbanas, un xénero que tentou captar situacións cotiás en lugares públicos, como rúas ou parques.











