Hernández recibe ao alcalde do municipio mexicano de Aguascalientes

O alcalde de Santiago no encontro co homólogo de Aguascalientes
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu o alcalde do municipio de Aguascalientes (México), Juan Antonio Martín del Campo. Os dous alcaldes mantiveron un encontro na Alcaldía, onde sentaron as bases para futuras colaboracións entre Santiago de Compostela e Aguascalientes. Juan Antonio Martín del Campo está de viaxe por España e Italia, acompañado por unha delegación de empresarios, catedráticos, integrantes do Cabildo e funcionarios municipais desta cidade mexicana.
Na súa visita ao o Concello, o alcalde de Aguascalientes acudiu co rexedor municipal de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.











