Hernández pide ao TSXG celeridade na investigación a Paula Prado
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, pediu este xoves “celeridade” ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) na investigación á deputada popular Paula Prado polos supostos delitos de fraude e tráfico de influencias por mor da exposición razoada remitida polo xulgado instrutor da ‘Operación Pokémon’.
En declaracións aos medios durante unha visita a un tramo do Camiño de Santiago, o rexedor compostelán apelou, así mesmo, a “non facer ningún xuízo paralelo” sobre as investigacións do TSXG.
Tamén Hernández pediu “respecto ás decisións xudiciais” e a “a presunción de inocencia”, “igual que sempre” que “acontece algo relacionado coa Xustiza”.











