publicidade hoxe

Gran participación veciñal en Lousame Cultura Viva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Malla. Foto: Iago Insua

Malla. Foto: Iago Insua

Gran participación dos veciños e veciñas de Lousame nas actividades gratuítas incluídas en “Lousame Cultura Viva”, un proxecto da Iniciativa Xove celebrado na tarde do sábado e organizado por un grupo de mozos e mozas do municipio en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou e todos puideron desfrutar dunha representación dunha malla tradicional de centeo, dunha recreación de oficios tradicionais, dunha exposición de apeiros de labranza e dun obradoiro infantil para a creación de espantallos.

Os rapaces e rapazas do grupo Flashback comezaron o programa na Eira de Alborés (Marracín-Tállara) recreando un vello traballo de labranza como é a malla do centeo, que correu a cargo do colectivo veciñal Abrañeira. Posteriormente, os asistentes dirixíronse a pé ata a Casa do Tarela (Maxide), onde asistiron a unha exposición de apeiros de labranza e á recreación de distintos oficios tradicionais: zapateiro, canteiro, costureira, ferreiro… Unha camiñata na que estiveron acompañados pola asociación folclórica Canlebó (Camboño), quen se encargou de amenizar musicalmente a tarde. A festa rematou cunha chocolatada e rosca.

15 de setembro de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.