Goyo Jiménez encherá o Jofre co ciclo de monólogos do Concello de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Unha nova edición do ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, dará comezo este domingo, día 21, con “Evoluzión”, de Goyo Jiménez. O humorista volve a Ferrol para subirse a partir das 20:00 horas ao escenario do Teatro Jofre e ofrecer este novo espectáculo inédito en televisión.

Considerado polo público e crítica como o mellor monologuista cómico do país, deleitará ao público asistente co seu sorprendente, mordaz e desternillante visión da evolución humana ata a actualidade. A día de hoxe, só están dispoñibles 23 entradas polo que está garantido o cheo neste primeiro monólogo que abre a nova tempada do ciclo programado polo concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado.

Fai tropecentosmil anos, un homínido bastante feo alzouse sobre as súas patas traseiras e descubriu que, dende a súa perspectiva, o mundo se vía de maneira totalmente diferente. Aquelo supuxo moitos cambios para el e para os seus descendentes, tantos, que, co correr do tempo, pasaron a considerarse a si mesmos como “seres superiores”, chegando a esquecer a súa orixe e a súa verdadeira natureza. Pero, por sorte, a evolución, no seu eterno afán por equilibrar, creou aos humoristas para recordalo. Ou que pensabades, ¿que ninguén ía darse conta de en que vou convertestes?

Próximo monólogo

Dentro da nova tempada do ciclo de monólogos tamén participará Joaquín Reyes co seu espectáculo humorístico “Que me aspen”. O monologuista actuará o vindeiro día 5 de outubro no Jofre a partir das 20:00 horas.

17 de setembro de 2014 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.