Gaifonía gaña o concurso os concertos de verán do Centro Comercial Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínVilagarcía de Arousa
A-
A+

O grupo marinense Gaifonía, integrado por Felipe Rea, Eva Campos e Juan Tueros, resultou gañador da primeira edición dos concertos de verán do Centro Comercial Arousa, un concurso musical enfocado a apoiar a carreira de novos talentos da música galega e no que competiron xunto a outros 4 finalistas – Dani Cornes, Arantxa Pérez, Senectud Sideral e The Trunks- para alzarse co premio: a gravación dunha maqueta do seu último traballo nun estudo profesional.

O xurado decidiu, por unanimidade, premiar a Gaifonía polo valor musical e a innovación da súa proposta, na que lograron reinterpretar a música tradicional galega e de autor combinándoa, nunha simbiose perfecta, coa música de charanga propia das festas populares dos anos 60, achegando así un son con sinal persoal.

No fallo do xurado tamén foi decisiva a súa brillante posta en escena, na que todos os seus compoñentes demostraron as súas táboas no escenario e a súa capacidade para conectar e facer gozar ao público asistente.

A acollida das súas melodías entre os seguidores en redes sociais do centro –o seu vídeo-presentación foi o segundo máis votado polos fans, con 185 votos -e a súa capacidade para mobilizar ao púbico ao redor da súa actuación ao longo do concurso, foron outros dos factores determinantes que levaron á determinación do xurado.

O presidente da Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Arousa, Guillermo Lariño, entregará a próxima semana oficialmente o premio ao grupo marinense.

25 de setembro de 2014 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.