publicidade hoxe

Gabriel Tizón impartirá un obradoiro de fotografía no castelo de Santa Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é socio fundador, organiza un obradoiro de fotografía impartido por Gabriel Tizón. A clase maxistral con este reputado profesional celebrarase o próximo xoves día 25 de setembro ás 20.00 horas no castelo de Santa Cruz. Baixo o título ‘Compromiso coa mirada’, a sesión parte da análise de traballos realizados en diferentes países e na nosa contorna, para avaliar ata onde se pode chegar coa cámara na vida das persoas.

Alén de nocións básicas sobre composición, tratarase de educar a mirada para destacar o motivo da fotografía e o seu obxectivo, ademais de propoñer novos soportes expositivos. Terase en conta a visibilización de diferentes realidades e onde comeza o compromiso da autora ou autor con elas. Gabriel Tizón ten experiencia en distintas zonas do mundo e a súa obra foi recoñecida con diversos galardóns. Na actualidade traballa para El País, distintas axencias de noticias e participa nun proxecto fotográfico para o Goberno de Brasil a través de Brasilia Sem Fronteiras e a USC.

17 de setembro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.