publicidade hoxe

Frades acomete melloras no CPI Pontecarreira por valor de 12.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades acometeu durante este verán varias actuacións de mellora e mantemento no CPI Pontecarreira, en colaboración coa Dirección do centro e coa asociación de pais. Unhas melloras que supuxeron un investimento de 12.000 euros no centro escolar fradense.

Os traballos consistiron na instalación dun parque infantil no CPI Pontecarreira, a reparación de humidades e instalación de reixas no salón de actos, así coma o pintado dos baños e dos corredores de acceso ás aulas. Ademais, o Concello de Frades procedeu tamén a limpar e reparar as marquesiñas nas paradas do bus escolar, así como a colocar catro novas.

12 de setembro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.