publicidade hoxe

Finaliza o II Open de Padel de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Desenvolveuse este Open durante todo o mes de agosto, en xornadas de mañá e tarde. Contou esta IIª edición con máis de 90 participantes.

As finais tiveron lugar durante toda a tarde do domingo 31 de agosto, coincidindo co último día das Festas Patronais. En canto aos resultados finais, temos:

-Na 1ª Categoría Masculina: MARCELO E JOEL gañáronlle esta final a PROSI E JOSE por 6-3/6-4.

-Na 2ª Categoría Masculina: FER e BORJA gañáronlles a KUKI e DIEGO por un contundente 6-0/6-1.

-Na 1ª Categoría Feminina, onde tivemos unha gran participación: PALOMA e MARIÑA impuxéronse na Final a ELIA e NANCY por 4-6/6-3/6-1.

-Na 2ª Categoría Feminina: LARA e GEMMA gañáronlle a OBDULIA e ÁNGELES por 6-1/6-2.

-Por último, en Categoría Mixta: MARCELO e TATI gañáronlle a ROSA E OSCAR por 6-0/6-1.

Este evento, que por segundo ano consecutivo foi organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, contou tamén co patrocinio da empresa SIUX.

Ao remate da competición celebrouse a entrega de trofeos, que contou coa presencia da concelleira de deportes Cristina Iglesias, acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais e Cultura.

3 de setembro de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.