Finaliza o campus específico de fútbol do Lugo Sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Esta tarde finalizou o I Campus de fútbol sala Lugo Sala que se iniciou o pasado mércores. Nesta primeira actividade organizada polo club contouse cun total de 40 participantes o que significou un rotundo éxito para a entidade que naceu o pasado mes de maio. Desta maneira Lugo Sala ofreceu un Campus completo para cubrir as necesidades dos seus participantes no que o fútbol sala foi o protagonista pero que contou con diversas actividades como piscina, comida de convivencia no día de hoxe cunha gran churrascada, a actuación do Mago Mauro, xogos con inchables…

Neste Campus contouse con oito monitores que foron os encargados de dirixir o mesmo aos cales se uniron xogadores profesionais da LNFS que pasaron o Campus: o xogador lucense César Quijada, outro xogador lucense como é Hugo Sánchez do Santiago Futsal, e os xogadores do Burela Pescados Rubén Chano e Miguel.

Para clausurar o Campus acudiu na tarde de hoxe o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Jose Manuel Díaz Grandío, que xunto co Presidente de Lugo Sala, Marcos Pereira, e todos os monitores da actividade entregaron os diplomas acreditativos a cada un dos nenos participantes. Así mesmo entre todos os participantes do Campus sorteáronse reloxos, camisetas de clubs da LNFS e balóns.

O club quere dar as grazas ás institucións e empresas privadas que fixeron posible este Campus:
– Excmo. Concello de Lugo.
– Xunta de Galicia.
– Frisaqués.
– IG10.
– Estrella Galicia.
– Frutas Lugo.
– Restaurante Porta Santiago.
– Centro de Fisioterapia Roberto Martínez Cordeiro.
– Legea Sport.

5 de setembro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.