Finaliza no Carballiño o programa Verán Divertido
Rematou o programa Verán Divertido que a Area de Igualdade do Concello de O Carballiño organizou durante os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de 3 a 12 anos.O programa rematou con unha festa de disfraces no local de Bo Día Familia.
Durante estes meses os nenos e nenas participantes poideron realizar actividades lúdico educativas como obradoiros de manualidades, cociña, baile, psicomotricidade e expresión corporal, participaron nas xornadas de cine e video, xornadas de educación vial e coñeceron un pouco mais a súa vila.











