Finaliza a supervisión e mantemento da rede de hidrantes en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra acaba de rematar a revisión dos hidrantes da rede de auga da cidade, un traballo que realizaron nos dous últimos meses os bombeiros e a empresa Viaqua. Na cidade existen na actualidade 740 hidrantes.

O traballo consistiu nunha revisión previa dos bombeiros que detectaron as deficiencias existentes na rede, e a continuación foi a empresa Viaqua a encarga de resolver os arranxos e pór ao día a rede con traballos de mantemento habituais.

As intervencións consistiron, basicamente, na comprobación do funcionamento dos hidrantes, do accionamento e engrase das válvuas, comprobación da boa accesibilidade, da presión do servizo, da estanqueidade do conxunto e, finalmente, procedeuse a limpeza e pintado do conxunto cando fose necesario.

A coordinación entre os bombeiros e Viaqua é esencial para manter en perfectas condicións esta rede de hidrantes, que é fundamental para a seguridade da cidade.

Esta rede atópase baixo as rúas da cidade e é un elemento básico para o traballo dos bombeiros no caso que de teñan que botar man del en distintos sucesos, como nos incendios.

9 de setembro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.