publicidade hoxe

Festa fin de verán en Poio con “O Castelo Rosado”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Este venres 12 de setembro ás 6 da tarde está programada  unha festa  para  nenos/as de 6 anos en diante,q ue queiran coñecer o castelo rosado.

Para participar, poderase ir disfrazado/a de: mago,  cabaleiro, dama, aldeá, rei, princesa… en fin do que máis apeteza (aínda que non é obrigatorio).

-Axúdanos a atrapar o gran Dragón  “Sebrus “que ten atemorizado aos habitantes  do reino…

-Haberá que atopar as chaves de todas as portas do castelo…

-O  Rei está moi enfadado porque os pequenos príncipes esconderon as pezas do seu xadrez favorito e de non atopalas  promete…
cortar cabezas!!!!

-A maga do reino  “Listurína” quere preparar unha pócima para poñer fin á fame que están pasar os habitantes do reino e necesita grandes cantidades de auga…

E tamén coñeceremos a Sabela unha mociña moi valiente que se fai amiga dun paxaro e… !!! non se pode contar máis!!!!. Unha bonita historia contada por Tarabelos Contacontos.

9 de setembro de 2014 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.