publicidade hoxe

Festa do ramo no Alto do Cruceiro de Xuances

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Comisión de Festas de Xuances, formada por Javier Rivas, Iago Eijo, Francisco Sánchez, Rubén Sánchez Alejandro Quintas, organizamos por oitavo ano consecutivo a FESTA DO RAMO, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 3 e o sábado 4 de outubro. Antes de pasar a outras cousas, decir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, estando o campo ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, decir que a Festa VAISE CELEBRAR BAIXO UNHA CARPA, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos nosos visitantes, dispoñemos de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.

Como principal novidade para edición deste ano, decir que ESTREAMOS CAMPO DA FESTA, xa que o lugar onde tradicioinalmente desenvolvemos as actividades festivas está recén asfaltado, co fin de favorecer os bailes e as demáis actividades.

En canto ao amplo programa de actividades, destacamos a celebración, na súa OITAVOA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 3 de outubro. Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun producto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facemos aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e un viño. . En total temos preparadas máis de 1.000 racións, que esperamos que se agoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa imos ter un posto onde os visitantes van poder adquirir tikets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, remataremos a Festa cun bó programa de baile a partires das 10:30 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra “GALILEA”.

En canto ao programa de actividades do sábado, 4 de outubro, temos:

-13:00 horas: Misa Solemne e Procesión, que van contar cunha coral e os gaiteiros de Saiñas de Xove.

-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo do “FIN DE SIGLO”.

-22:00 horas (10 da noite): Verbena coas orquestras “FIN DE SIGLO” e “MOSAICO”.

Por último, a Comisión quere darlle as gracias a tódalas persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran coas nosas Festas, agradecemento que queremos sexa especial para tódolos nosos veciños.

30 de setembro de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.