publicidade hoxe

Ferrol traslada as súas felicitacións a Javier Gutiérrez tras recibir a concha de prata ao mellor actor en San Sebastián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, felicitou hoxe por teléfono a Javier Gutiérrez polo recoñecemento que vén de recibir esta fin de semana no Festival Internacional de Cine de San Sebastián onde se fixo coa Concha de Planta ao Mellor Actor polo seu papel en “La isla mínima”.

O rexedor ferrolán destacou a brillante traxectoria de Javier Gutiérrez, a quen agradeceu que “alí onde vai fai gala do seu ferrolanismo”. Ao respecto, Jose Manuel Rey lembrou que o actor foi o pregoeiro das Festas de Verán da cidade en 2009 e que, máis recentemente, no ano 2012 recibía o recoñecemento de Ferrolán do Ano pola “súa traxectoria profesional e o seu papel de embaixador da cidade no mundo da cultura”, lembrou Jose Manuel Rey. O tamén protagonista de la serie “El Águila Roja” naceu en Luanco (Asturias) en 1971. Trasladouse xunto coa súa familia a Ferrol sendo moi neno e sempre se definiu publicamente como ferrolán, ademais de participar activamente nos actos en que foi requerido pola cidade: festas de verán, feira do libro…

Por último, o primeiro edil da cidade subliñou de Javier Gutiérrez a súa humildade, honestidade e sinxeleza.

29 de setembro de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.