Ferrol somete a exposición pública o estudo da rehabilitación do Antigo Hospicio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincial da Coruña (BOP) recolle hoxe a aprobación inicial do Estudo de Detalle para a segunda fase da rehabilitación do Antigo Hospicio, promovido pola Concellería de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, que dirixe Guillermo Evia Pérez. Este documento supón o inicio dos trámites para completar a recuperación do Antigo Hospicio a través dunha segunda e definitiva fase de actuación que se centrará na parte do inmoble orientada cara a rúa María, esquina con Méndez Núñez. O expediente entra agora no período de exposición pública durante vinte días.

Unha vez realizado este estudo de detalle se procederá ao encargo de dito proxecto e a licitación das obras de recuperación do Antigo Hospicio. O Goberno Municipal de Jose Manuel Rey completou as obras de rehabilitación en primeira fase tras un investimento de 1,3 millóns de euros. A primeira fase permitiu devolver o esplendor a un inmoble protexido catalogado no Plan Especial da Magdalena, poñendo en valor e recuperando elementos orixinais do mesmo como os piares de forxas, os vellos pozos de abastecemento do complexo, a escada, as paredes de zinc, etc. O Antigo Hospicio, que xa alberga o Centro de Documentación do Patrimonio de Ferrol na súa última planta, ampliará proximamente os seus usos acollendo actividades dirixidas a nenos/as dentro dos programas de Conciliación do Goberno Municipal.

30 de setembro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.