Ferrol reforza os servizos municipais de mantemento cunha trintena de actuacións
O concelleiro de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, Borja Carro Muñoz, informou esta mañá sobre o programa de mais de 30 actuacións que están levando a cabo os operarios das distintas cuadrillas de servizos e que se centran en traballos de limpeza, parques e xardíns, e obras de mantemento e reparación. Un total de dezaseis persoas, perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) e en situación de desemprego, reforzarán durante sete meses os servizos municipais existentes, o que permitirá ampliar as actuacións de mantemento e complementar as tarefas de mellora en todos os barrios da cidade. O edil Borja Carro Muñoz explicou que o obxectivo “é contar cun mantemento máis coordinado, ordenado e intensivo”, ao tempo que sinalou que se poderán incluír novas actuacións como a limpeza de pegatinas e carteis “que requiren de constancia e mantemento semanal” engadiu.
En canto ás actuacións complementarias, seis operarios se ocupan das tarefas de limpeza que se centran en postes, sinais, marquesiñas, beirarrúas da estrada de Castela, Catabois e Avenida de Esteiro, e o monolito a Fausto Escrigas, situado nas proximidades ao pavillón polideportivo municipal de Esteiro. Tamén inclúen a colocación de sinais de advertencia de “Non fixar carteis” nos muros da ponte baixo a Avenida As Pías na Estrada da Trincheira e na conexión con Nicasio Pérez, así como en todos os túneles da Praza de España. Por outra banda, outras seis persoas se encargan das actuacións de limpeza de parques e xardíns, ademais da colocación e pintado de bancos ou barandillas. Máis concretamente, os traballos que realizan os operarios son os seguintes:
– Limpeza de parques e xardíns.
– Limpeza de bancos e xardineiras na zona centro.
– Pintado de bancos no paseo de Caranza e reparación e pintado no Parque Municipal Raíña Sofía.
– Reubicación de bancos.
– Pintado de bancos na zona do antigo Bambú Club, no contorno da Praza de España ou na rúa México, entre outros lugares.
– Pintado de xardineiras.
– Pintado de barandilla verde en Rosalía de Castro.
– Pintado de bancos fronte ao parque infantil do Inferniño e limpeza das portas do local.
– Pintado da barandilla e xardineiras laterais do Concello.
– Pintado de estruturas na Praza de Porta Nova-As Pías, colocación de bancos e reposición de xardineiras.
Ademais, as actuacións complementarias de obras menores se levan a cabo por catro operarios que realizan traballos de pintado ou colocación de sinalización. Máis polo miúdo, as tarefas de obras que acometen son as seguintes:
– Pintado de barandillas na estrada de Castela, As Pías e Hesperia, así como no edificio Hollywood, a ponte da Trincheira e a ponte que une a Gándara e Caranza. Ademais do pintado das barandillas situadas nas escaleiras da Praza de Amboaxe.
– Pintado exterior e interior do Parque de Bombeiros.
– Colocación de taboleiros de madeiras nas pedras dos xardíns das pistas do Inferniño para simular bancos.
– Pintado dos muros de acceso aos aparcadoiros do Mercado e a Peixería.
– Pintado do edificios dos aseos do Parque Raíña Sofía.
– Arranxo e reposición de diferentes marquesiñas de autobús como por exemplo a da Avenida As Pías (saída Caranza.
– Pintado da pasarela previa á ponte que une A Gándara e Caranza, na Avenida As Pías.
– Colocación de barandillas nas escaleiras contiguas á Comisaría de Policía Nacional de San Amaro.
– Pintado e arranxo dos muros exteriores de varios centros escolares, como por exemplo o CEIP Ponzos.
– Colocación de sinais inclinadas ou tiradas.











