publicidade hoxe

Ferrol homenaxea ás persoas de maior idade da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na entrega de agasallos conmemorativos

Rey Varela na entrega de agasallos conmemorativos

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta mañá o acto de celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, no que foron homenaxeadas as persoas de maior idade de cada un dos comedores sénior da cidade, situados no Ensanche A –rúa Río Xubia-, Caranza, e os novos equipamentos de San Pablo-Catabois e Esteiro. Este homenaxe aos maiores que tivo lugar no Salón de Recepcións do Pazo Municipal tamén contou coa participación da concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro; a voceira do Goberno Municipal, Martina Aneiros Barros; e representantes dos grupos políticos.

Jose Manuel Rey destacou que a celebración do Día Internacional das Persoas Maiores se remonta ao ano 1990 e o tema conmemorativo deste ano é “Sen esquecer a ninguén”. O rexedor municipal tamén sinalou a importancia dos comedores sénior da cidade “para promover o envellecemento activo e saudable dos nosos maiores”. Así mesmo, recoñeceu que as xeracións actuais “temos unha débeda cos nosos maiores xa que o seu esforzo, traballo e sacrificio fixo posible unha sociedade mellor en que podemos gozar de moitas máis cousas”.

Por último, o alcalde ferrolán enumerou as diferentes actividades que organiza a Concellería de Benestar para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores. Neste senso, o primeiro edil destacou a visita guiada pola Ruta da Construción Naval que realizarán o vindeiro 10 de outubro os maiores ferroláns ou as charlas de alimentación saudable que se impartirán en diferentes centros da cidade. Así mesmo, mañá día 1 de outubro se servirá un menú especial en todos os comedores sénior de Ferrol. María Andrea Fandiño Rodríguez, Adonis Fernández García, María Elena Torres Regueira e Antonio Freire Romero, foron as persoas maiores homenaxeadas durante o acto que recibiron cadanseu agasallo de recordo. A xornada estivo amenizada por dous membros do Real Coro Toxos e Froles.

30 de setembro de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.