Ferrol felicita a Gómez Noya tras proclamarse campión do mundo por cuarta vez
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, trasladou esta mañá os parabés da Corporación Municipal ferrolá ao triatleta ferrolán Javier Gómez Noya tras proclamarse novamente campión do Mundo na xornada de onte en Edmonton (Canadá).
O atleta, que recibiu o pasado ano a distinción de Fillo Predilecto de Ferrol, conseguiu por cuarta vez alzarse co título mundial de triatlón na súa carreira deportiva. O rexedor municipal enviou hoxe unha felicitación ao xa cuadricampión do Mundo, despois de facerse co primeiro posto nos Campionatos do Mundo 2008, 2010 e 2013.
Jose Manuel Rey subliñou que este novo campionato “o converte no mellor deportista ferrolán de tódolos tempos ademais da recompensa a moitos días de esforzo, sacrificio e traballo”.“É un exemplo para todos nós e sobre todo para a xuventude e os deportistas máis novos ” engadiu o primeiro edil da cidade.











