Ferrol aproba as bases reguladoras para a participación no programa educativo “Artellando 2014”
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá ás bases que rexerán a selección do alumnado que participará no programa educativo “ARTEllando 2014”. A proposta está dirixida aos alumnos/as de Educación Primaria matriculados nos centros de ensino da cidade, tanto públicos como concertados.
Estas actividades son de carácter gratuítos e os seis obradoiros ofertados son: fotografía, ábaco, cociña fría, Ferrolnaturalmente, ximnasia rítmica e baile moderno. O prazo de presentación de solicitudes será aberto dende o vindeiro venres, día 12, e ata o 22 de setembro (ámbolos dous inclusive). A selección de participantes no programa educativo “ARTEllando” se realizará por rigorosa orde de presentación de inscrición no Rexistro Xeral do Concello.
As listaxes provisionais de menores admitidos/as se publicarán o vindeiro luns, día 29 de setembro, no taboleiro de editos do Concello de Ferrol e na páxina web da Concellería de Educación: www.ferrol.es/educacion . Unha vez publicada a listaxe provisional, os nenos e nenas admitidos/as deberán confirmar a súa praza entre os días 30 de setembro e 1 de outubro mediante a presentación da folla de confirmación no Negociado de Educación.











