Ferrol adxudica as obras de mellora no mercado municipal de Caranza
A Concellería de Servizos, que dirixe Borja Carro Muñoz, investirá preto de 50.000 euros para a mellora das instalacións do Mercado Municipalde Caranza, un inmoble de titularidade municipal que careceu durante varios mandatos de un mantemento regular o que motivou o seu progresivo deterioro. Unhas deficiencias ás agora fará fronte o Concello de Ferrol coa execución de traballos de reparación e mantemento que veñen de ser adxudicados.
Así as cousas, estas obras se acometerán en base ao contido do informe de deficiencias elaborado previamente por técnicos da Administración autonómica e segundo o proxecto de actuación impulsado polo departamento de Servizos e Medio Ambiente e cuxo ámbito de intervención abrangue tanto a cuberta como a fachada e o interior do mercado de Caranza. Neste sentido, o edil Borja Carrol detallou que a actuación se centrará na cuberta, o interior e os aseos do mercado de Caranza. A empresa que acometerá as obras é “Explotaciones Ferrolanas” e o prazo de execución previsto para as mesmas é de un mes.
Máis concretamente, realizarase diferentes actuacións na cuberta do edificio como a limpeza xeral da cuberta do edificio -retirada de vexetación, partes soltas de paneis metálicos e outras pezas-; así como a reparación de filtracións de auga en distintas zonas da cuberta mediante a colocación de novas chapas de aceiro perfilado e galvanizado. Tamén se acometerá a fixación de elementos verticais, retirada de partes soltas e inutilizadas en canlóns e baixantes, e selado de arquetas da rede de evacuación de augas pluviais así como a reposición puntual de canlóns e baixantes da fachada principal cara a Avenida Castelao.
Esta intervención de mellora na praza de abastos de Caranza tamén contempla traballos no interior do inmoble, como son: a reparación do pavimento e a reposición das canalizacións verticais. Por último, realizarase unha limpeza intensiva de paramentos verticais e horizontais interiores e ventiladores dos baños; e se mellorarán os aseos de uso público cos que conta a instalación











