Ferrol abre o prazo para apuntarse nos clubs de lectura da biblioteca municipal de praza de España
A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, informa de que o vindeiro luns, día 15 de setembro, se abre o prazo para anotarse no Club de Lectura de narrativa e no Club de Lectura positiva que se desenvolverán na Biblioteca Municipal de Praza de España. A inscrición deberá formalizarse na mesma biblioteca ou por teléfono, xa que cada unha das actividades ten un límite de prazas de 20 persoas.
O Club de lectura de narrativa, coordinado por Norma Fariña Couselo, se desenvolverá os terceiros mércores de mes e en horario de 18:00 a 19:30 horas. A biblioteca proporciona os libros de lectura Admítese un máximo de 5 oíntes, que poderán acudir ás sesións pero non se lles reservará o libro. Existirá unha lista de espera para cinco persoas por se houbera algunha renuncia.
Así, a actividade de lectura positiva estará coordinada por Sabela Naranjo e terá lugar os cuartos xoves de mes, de 18:00 a 20:00 horas. Neste caso, a biblioteca non proporciona os libros. Haberá unha lista de espera para 10 persoas por se houbera algunha renuncia.
Máis polo miúdo, a relación de autores e títulos seleccionados para o curso 2014-2015 son os seguintes:
Club de Lectura – Narrativa. Listaxe de obras:
–“La catedral”, Vicente Blasco Ibáñez.
–“Paisaje de Otoño”, Leonardo Padura.
–“Patrimonio”, Philip Roth.
–“El mar”, John Banville.
–“Plata quemada”, Ricardo Piglia.
–“Persépolis”, Marjane Satrapi.
–“Los emigrados”, W.G. Sebald.
–“El siglo de las luces”, Alejo Carpentier.
–“El mastro y Margarita”, Mijail Bulgakov.
–“El fin de semana”, Bernhard Schlink.
–“León el africano”, Amin Maalouf.
–“La loca de la casa”, Rosa Montero.
–“Delirio”, David Grossman.
–“Una mujer difícil”, John Irving.
Lectura Positiva
–“La buena vida”, Álex Rovira.
–“Heridas emocionales”, Bernardo Stamateas.
–“El hombre en busca de sentido”, Viktor Frankl.
–“El mundo en tus manos”, Elsa Punset.
–“El círculo de la motivación”, Valentín Fuster.
–“Maldito Karma”, David Safier.
–“El arte de amargarse la vida”, Paul Watzlawich.
–“Las gafas de la felicidad”, Rafael Santandreu.
Club de lectura poética
A estas dúas actividades, hai que engadir o Club de Poesía que coordinará Juan Carlos Valle Karlotti e que se desenvolverá con entrada libre. Así, a listaxe de poetas que se lerán, en horario de 19:30 e 21:00 horas, e os días de reunión son os seguintes:
-Luns, 13 de outubro: Gary Snyder e Herta Muller.
-Luns, 3 de novembro: Malcolm Lowry e Joumana Haddad.
-Luns, 24 de novembro: Justo Alejo e Ósip Mandelshtam.
-Luns, 15 de decembro: Vicente Araguas.











