Ferrol abre o prazo de inscrición para o programa educativo “Artellando”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, abre mañá o prazo de inscrición para participar no programa educativo “ARTEllando 2014”, dirixido aos alumnos/as de Educación Primaria matriculados nos centros de ensino da cidade, tanto públicos como concertados. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 22 de setembro (incluído) e a selección de participantes se realizará por rigorosa orde de presentación de inscrición.

Estas actividades son de carácter gratuítos e os seis obradoiros ofertados son: fotografía, ábaco, cociña fría, Ferrol NATURALlmente, ximnasia rítmica e baile moderno. As listaxes provisionais de menores admitidos/as se publicarán o luns, día 29 de setembro, no taboleiro de editos do Concello de Ferrol e na páxina web da Concellería de Educación: www.ferrol.es/educacion . Unha vez publicada a listaxe provisional, os nenos e nenas admitidos/as deberán confirmar a súa praza entre os días 30 de setembro e 1 de outubro mediante a presentación da folla de confirmación no Negociado de Educación.

11 de setembro de 2014 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.