Fene acolle un programa de recualificación profesional ao ámbito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A empresa Bidef Consultoría desenvolverá un Programa de Recualificación Profesional estructurado en dúas etapas: Unha primeira etapa de formación e unha segunda etapa de prácticas non laborais remuneradas con posibilidade real de contratación na empresa ao finalizalas.

O Concello de Fene colabora  cedendo as instalacións sitas en Avda. Naturais nº 44 a Bidef  Consultoría para realizar a presentación de dito programa.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN:

– Inscritos como demandantes de emprego.

– Idade entre 25 e 45 anos.

– Titulación: Ciclo Superior ou FPII, Diplomatura, Grao ou Licenciatura.

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA ás persoas interesadas:

Data: 11 de Setembro

Hora: 10:00 horas

Lugar: Aula de Cultura. Avenida Naturais, 44 – 1º. Fene

8 de setembro de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.