Fecimo acolle unha nova edición dun curso de prevención de riscos laborais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

FECIMO anuncia a próxima celebración do curso de Prevención de Riscos Laborais de nivel básico e 60 horas de duración, que terá lugar a partir do 15 de setembro en Cangas.

O curso impartirase no Centro de Estudios Cangas, sito na Avda. de Bueu nº 12. Poden inscribirse traballadores en activo e autónomos de calquer sector ou actividade. O número de prazas é limitado para 20 persoas. O seu custo é gratuíto, contando co financiamento da Xunta de Galicia.

As clases serán do 15 de setembro ao 8 de outubro, de luns a xoves en horario de 19:00h a 22:00h e os venres de 17:00h a 22:00h.

Os/as interesados deben cubrir a súa solicitude de preinscrición na páxina web www.fecimo.es a través do formulario de contacto.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: Mércores, 10 de setembro de 2014 As inscricións realizaranse por orden de entrada.

2 de setembro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.