Expertos internacionais debaten sobre o turismo espiritual de peregrinacións en Santiago
Máis de 35 expertos de distintas partes do mundo en materia de peregrinacións o “fenómeno histórico e cultural” do “turismo espiritual” no I Congreso Internacional de Peregrinacións e Turismo, que se inaugurará en Santiago de Compostela este mércores e durará até o vindeiro sábado, día 20 de setembro.
O congreso, avalado pola Organización Mundial de Turismo, atópase enmarcado na programación de eventos con motivo da celebración do VIII Centenario da peregrinación de Francisco de Agarrades a Compostela.
Tal e como explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a iniciativa busca destacar “a relevancia do turismo relixioso” e resaltar a “contribución positiva” das peregrinacións ao crecemento sustentable.
A este evento acudirán asistentes dos cinco continentes para analizar as grandes peregrinacións mundiais e prevese alcanzar o aforamento máximo de preto de 300 persoas.
PROGRAMA DO CONGRESO
O congreso será inaugurado este mércores, día 17, ás 17.30 horas, nun acto que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago, Agustín Hernández; a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; o secretario xeral da Organización Mundial de Turismo, Taleb Rifai; e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
O xoves, día 18, haberá dúas sesións baixo o título ‘As peregrinacións como impulso ao turismo e á hospitalidade’, e ‘A relixiosidade popular, peregrinación e turismo espiritual’. Posteriormente, celebrarase un xantar-coloquio, e, xa pola tarde, unha sesión especial sobre o franciscanismo.
Así mesmo, a xornada do venres 19 abrirá cunha mesa sobre ‘O turismo de peregrinacións ante o patrimonio histórico e cultural’, seguida doutra sesión sobre ‘A natureza como inspiración ao turismo e á peregrinación’. Pola tarde haberá unha conferencia que tratará a sustentabilidade do turismo de peregrinacións, seguida dunha presentación de estudos de caso e un debate técnico.
A cClausura deste evento, que terá lugar o venres 19 a partir das 17.00 horas, farase coa lectura da Declaración de Santiago de Compostela sobre Turismo e Peregrinacións, que sentará unhas pautas comúns para todas as rutas de camiñantes.
Como colofón, o sábado 20 de setembro os participantes do congreso percorrerán un tramo do Camiño e visitarán todo o ámbito da Costa da Morte.











