publicidade hoxe

Éxito das actividades do Lugoteando en Guitiriz co 100% das prazas cubertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLugo
A-
A+

Éxito en Guitiriz das actividades gratuítas do Lugoteando da Deputación, coa totalidade de prazas cubertas. 100 persoas de todas as cidades desfrutaron na praia fluvial de Parga das actividades acuáticas e terrestres que achegou o organismo provincial: paddle-surf, skates eléctricos, patinetes, inchables e gyroboar (monopatín estático co que facer xiros). Xa suman 450 os participantes na programación que potencia o ocio medioambiental para xerar riqueza, que a institución levou ó municipio guitiricense, Burela, O Valadouro, O Inicio e A Pobra do Brollón.  

Xa está aberta en www.deputacionlugo.gal e no 982-260-147 o prazo de solicitude das novas 400 prazas gratuítas para as actividades do Lugoteando, que a Deputación achega agora a Vilalba, A Fonsagrada e Lugo. O calendario é o seguinte:

– Vilalba, complexo da Magdalena, venres 5 de setembro (100 prazas)
– Lugo, área recreativa dos Robles, sábado 6 de setembro (100 prazas)
– Lugo, área recreativa dos Robles, domingo 7 de setembro (100 prazas)
– A Fonsagrada, Praza do Concello, domingo 7 de setembro (100 prazas)

Só no caso de quedaren prazas libres, os interesados poderán inscribirse antes de comezar as actividades, no propio lugar onde se celebren. Terán prioridade as persoas anotadas previamente. Os menores de idade deberán presentar unha autorización firmada polos pais ou titores.

A Deputación achega o Lugoteando a todas as zonas da provincia (Sur, centro, Costa e Montaña), sendo, no seu conxunto, un total de 800 prazas ofertadas a custe cero. Esta é a 5º edición desta programación, coa que a institución aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando potencia o ocio medioambiental e o turismo, ó tempo que contribúe a impulsar negocios lucenses de diferentes sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

1 de setembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.