Ethel Vázquez destaca que o PXOM de Lalín encaixa coa aposta polo urbanismo como instrumento ao servizo dos cidadáns

Ethel Vázquez na visita a Lalín
A conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou esta mañá que o plan xeral de ordenación de Lalín encaixa coa aposta da Xunta por facer do urbanismo un instrumento ao servizo dos cidadáns e do territorio.
Ethel Vázquez participou esta mañá na presentación do libro ‘Lalín 1999-2014. 15 anos de urbanismo cidadán’, onde destacou que o principal mérito deste instrumento foi o seu desenvolvemento posterior, aplicando o seu articulado, desenvolvendo as súas directrices e sendo capaz de manter este instrumento vivo.
A vixencia do plan vén dada, en gran parte, grazas ás distintas modificacións puntuais aprobadas nestes anos, que permiten adaptalo ao día a día, ás necesidades actuais e futuras como é o caso da necesidade solo empresarial de Lalín 2000.
O plan xeral de Lalín cumpre a máxima que dende a Xunta buscamos para os plans xerais, xa que non é soamente un instrumento que garante a concesión de licencias, senón que, sobre todo, constitúe a folla de ruta do crecemento sustentable no territorio municipal.
Por último, engadiu que nesa liña tramitase, co obxectivo do máximo consenso, transparencia e estabilidade, a nova Lei do Solo de Galicia, que seguro que Lalín adaptará nos vindeiros anos para seguir sendo exemplo de boa planificación e desenvolvemento urbanístico sostible.











