Estudantes do colexio da Farixa en Ourense coñecen Meteogalicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Visita dos estudantes

Visita dos estudantes

Un grupo de 15 estudantes do curso de Eficiencia enerxética de edificios visitaron hoxe as instalacións de MeteoGalicia, onde coñeceron o funcionamento deste departamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A Xunta organiza estas xornadas de formación, co fin de achegar aos cidadáns a metereoloxía. Estas actividades divulgativas están enfocadas tanto a estudantes de centros adscritos como aos de diversas asociacións. Para elo, ademais de incluír visitas ás instalacións de MeteoGalicia en San Lázaro, tamén explícanse os pasos esenciais que se deben dar para realizar pronósticos metereolóxicos.

En primeiro lugar, darase a benvida e amosarase a sala de predición, onde se explicarán as ferramentas que usan os preditores para levar a cabo o seu traballo, así como se explicarán unhas ideas básicas do proceso de predición meteorolóxica. Farase especial fincapé nas fontes de incerteza que existen no traballo de toma de datos e na posterior predición.

Farase tamén unha breve presentación, que suporá unha iniciación á Meteoroloxía e á Climatoloxía. No caso de alumnos de Primaria e Secundaria repásanse os conceptos de: diferenza entre tempo e clima, ciclo hidrolóxico, borrascas e anticiclóns, frontes, furacáns, tornados e imaxes de satélite, entre outros.

Contido das explicacións

Sinalar que as explicacións adecúanse ao nivel e intereses do auditorio, de modo que se profundiza máis ou menos segundo o devandito nivel. No caso de alumnos de Bacharelato, ademais, insistirase na descrición das situacións sinópticas e o seu recoñecemento. Para alumnos de Universidade ou outro tipo de grupos explicarase tamén o funcionamento dos modelos meteorolóxicos, a interpretación dos seus resultados e o uso da páxina web de MeteoGalicia na que se poderá atopar toda a información que se precisa para realizar a predición. Tamén nos deteremos, si é de interese, nun aspecto fundamental da meteoroloxía como é a detección e seguimento de fenómenos meteorolóxicos adversos.

Para rematar, haberá unha exposición de aparellos meteorolóxicos, na que se explicarán os distintos sensores e a súa utilidade así como se darán algunhas pinceladas sobre o traballo de observación meteorolóxica e mantemento da rede de estacións meteorolóxicas deste organismo autonómico.

26 de setembro de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.