publicidade hoxe

Esther Carrod´eguas e Nelson Quinteiro abren a dobre xornada da sección OFF do 8º Festival Galego de Cabaré

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal Portada
A-
A+

Do 18 ao 28 de setembro A Coruña albergará a 8ª edición do Festival Galego de Cabaré. O Festival, única mostra destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, estira os seus nocelos para amosar, durante dez días, o mellor do cabaré galego, un xénero que cada vez goza de mais compañías e propostas escénicas.

Con esta son oito as edicións deste festival que naceu en Oleiros no ano 2006, pasou por Pontevedra no ano 2007 e recalou no 2008 á beira da caveira do Xerión, para botar raíces e ir medrando ano tras ano.

Tras perder o apoio institucional no ano 2012, e celebrarse gracias aos fondos da Compañía Femme Fatale, o Festival Galego de Cabaré saca peito e amosa, moi na súa onda, a máxima de que “the show must go on”, polo que o espectáculo segue a continuar.

Con moita imaxinación, o apoio do Teatro Colón, que desta vez convírtese en epicentro da súa programación, o respaldo de Selmark Lingerie, que cedeu unha nutrida mostra de corsetería, a organización do Colectivo Femme Fatale, realidade escénica renovada con forza e a dirección de Nelson Quinteiro, mestre de cerimonias do novo cabaré pangalaico, esta nova edición do Festival Galego de Cabaré volve á Coruña adoptando a autoxestión como valente aposta de supervivencia e consolidación.

Baixo a lenda “Volve a Revolución Dourada de Outono” o 8º Festival Galego de Cabaré regresa á Coruña para tinguir de dourado e brillos “vintage” unha situación que nos retrotrae e ápocas pasadas e fai desplegar as ás a un xénero que se convirte en válvula de escape onde a nocturnidade, a alevosía e a diversión mestúranse co sátira, a crítica política, a sensualidade e a provocación como crisol escénico dunha pasta vítrea do máis poliédrica.

OFF CABARÉ

Acupuntura urbana para quencer unha semana grande no Teatro Colón.

Unha das aportacións máis novidosas a esta edición foi a entrada en tropel dun feixe de locais que se decidiron a apostar pola mostra e contratar cadanseu espectáculo ou proposta para facer medrar a programación deste festival.

Deste xeito, locais como o Monty Ambigú, Hándicap Café, O Mentireiro, Bristol Bar, A Repichoca Orillamar, Taberna Mahara, ou o Bar Nenna albergarán espectáculos e propostas que enriquecerán a parrilla do festival, ademais de posibilitar a celebración dun colorido pasarrúas polas rúas máis céntricas da cidade.

Durante a fin de semana previa á programación no teatro Colón, entón, levaremos a cabo unha serie de actividades paralelas de cara a que sirvan de ciaxa de resonancia de todos os espectáculos que terán lugar no Teatro Colón, levando o cabaré a diferentes puntos da cidade, facendo “acupuntura urbana” e botando pingas de cabaré nas rúas, espazos de lecer e demais ubicacións non convencionais, de cara a conformar unha programación plural e holística:

Do 18 a 28 de setembro

exposición: alba fernández troiteriro Na Repichoca (Rúa Orillamar)

Xoves 18 de setembro

21:00 h BAR MONTY Boulevar do Papagaio

MICRO CABARÉ. Caligrafías torcidas dun neno perdido con Nelson Quinteiro

Entrada Libre

Un exercicio de cinísmo, humor ácido e sinceridade brutal nun espectáculo “one man show” no que Quinteiro ofrece unha serie de pildoriñas de micro-cabaré que combinan o autobiográfico con monólogos extraídos de espectáculos escritos para a Compañía Femme Fatale e baseados en autores como Dario Fo, Eduardo Galeano ou Félix Sabroso.

22:30 h HÁNDICAP CAFÉ Rúa Curros Enríquez.

SUPERMARKET con Esther Carrod´eguas

Entrada Libre

Unha obra que mestura a escrita poética, o recitado, a interpretación, o clown ou a investigación xornalística.
Todo isto cociñado coa man e experiencia do director de teatro Xavier Castiñeira, que consegue que a receita deseñada por Carrodeguas fique no seu punto perfecto de cocción. Segundo a actriz rianxeira, “Supermarket! ofrece ao espectador 59,99 minutos de poesía e, sobre todo, comedia”. É por iso que define o espectáculo como Stand Up Poetry.
“É un espectáculo vertebrado arredor da idea dun supermercado no que se venden os textos do propio show a modo de tupper-sesión.

Venres 19 de setembro

20:00 h Obelisco, Olmos, Galera, Torreiro, Barrera, Cine París

PASARRÚAS co Colectivo Femme Fatale

Un divertido pasarrúas que combina a linguaxe de teatro de rúa trazada por Nelson Quinteiro co traballo máis recente do Colectivo Femme Fatale e que ademais de animar as rúas de viños e tapas da cidade herculina rematará convertíndose nun photo-call itinerante onde os viandantes poderán botarse unha instantánea coa estética do cabaré.

22:00 h BRISTOL BAR Rúa Torreiro

VODEVIL co Colectivo Femme Fatale

Entrada Libre

Un espectáculo concebido para calquera espazo onde recuperamos a esencia do vodevil de principios de século XX nunha serie de accións, coreografías e diferentes disciplinas (hula-hop, cabaré, burlesque, acrobacias, cariocas) sen máis obxectivo que o entremento pelo entretemento.

01:00 h BAR NENA Alcalde Marchesí

FESTA GIN TONIC

Entrada Libre

Unha festa noctura onde poderás desfrutar do combinado máis cool amenizado pola música e números musicais e coreográficos do Colectivo Femme Fatale.
Ti tamén poderás formar parte da festa. Anímate a vir caracterizad@!

Domingo 21 de setembro

13:00 h O MENTIREIRO Beira Mar.

SESIÓN VERMOUTH

Entrada Libre

Viste as túas mellores galas de cocktail para unha festa que temos preparada na Rúa Beiramar! Unha sesión vermouth amenizada coa mellor música, números de clown, circo, monólogos ou coreografías variadas. Vén disfrazad@! Tamén poderás formar parte da festa!

19:00 h A REPICHOCA Beira Mar.

Poeticlub da man de DANDY LADY

Entrada Libre

DandyLady é unha formación integrada por Iria Pinheiro (actriz) e Jesús Tejada (músico). Dende 2007 traballan xuntos en proxectos musicais de diferentes estilos: música disco (Mosca Gogó) ou pop (Siesta Continental) e noutros relacionados co cabaret (Ciclo Mércores no solpor do Museo Verbum, Churra e Merina, Gayo Pinheiro…) ou a danza (Nexus 6, da Cía. Branca Novoneyra).

Festas post-espectáculo

MÉRCORES 24 ÁS 23:30 h MAHARA ROCK TABERNA Rúa Orzán

festa post-GALA

XOVES 25 ÁS 23:30 HÁNDICAP CAFÉ Rúa Curros Enríquez.

premier de babel

SÁBADO 27 ÁS 00:00 H BRISTOL BAR Rúa Torreiro.

festa post-marathón

17 de setembro de 2014 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.