Entrega de diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina de Verín

Entrega de diplomas
A casa consistorial de Verín acolleu esta tarde a entrega de diplomas, por parte do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, aos vinte e dous rapaces/zas voluntarios da Bibliopiscina pola súa labor de voluntariado neste servizo das piscinas descubertas de A Granxa.
O servizo da Bibliopiscina, que foi organizado por sexto ano consecutivo pola Biblioteca Pública Municipal de Verín, tivo como obxectivo estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo realizou máis de dous mil préstamos nas últimas semanas, ofertando un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas: castelán, galego e portugués -conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais -de distinta temática como historia, científica, saúde ou moda, entre outras-, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as do territorio da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa.
Con esta entrega de diplomas clausurase unha nova edición do servizo da Bibliopiscina, que xa tivo o seu preludio este último fin de semana coa realización dunha xornada de convivencia entre os 22 mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que ademais de formar parte do mesmo, ao longo do ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos-. Unha labor de voluntariado que xa foi recoñecida, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-.











