publicidade hoxe

Encontro dixital cos obxectivos de desenvolvemento do milenio como tema de debate en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é membro e socio fundador o Concello de Oleiros, organiza para mañá venres 26 de setembro, entre as 12 e as 14 horas, un encontro dixital con Pablo Rodriguez, integrante da coordinadora Galega de ONGD e coordinador rexional en Galicia da Fundación Entreculturas. O evento enmarcase dentro programa #Alén2015, no que se programan encontros mensuais con axentes da cooperación a través das plataformas sociais do Fondo Galego. Ditas entrevistas teñen como propósito debater e reflexionar sobre distintos temas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e mostrar as propostas destas expertas e expertos para a Axenda Post- 2015.

A entrevista en liña será en directo, de xeito que as e os internautas poidan facer chegar as súas preguntas ao convidado a través do perfil de Facebook do Fondo Galego, no espazo reservado a comentarios no post coa fotografía do propio coordinador de Entreculturas que se publicará cando se abra o debate, ás 12.00 horas do venres, ou do Twitter, co hashtag #EncontroCoordinadora. As persoas que non poidan intervir en directo na conversa poden deixar as súas dúbidas con carácter previo nas entradas relacionados co encontro publicadas no Facebook do Fondo Galego, no Twitter, co hashtag #EncontroCoordinadora, ou enviar as súas cuestións ao correo fondogalego@gmail.com.

25 de setembro de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.