publicidade hoxe

En marcha a recollida de carnés de abonado do Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro comezará este luns, 29 de setembro, a entrega de carnés de abonado para a tempada 2014-2015, que están patrocinados por Cenor Electrodomésticos, membro do Club de Empresas Obradoiro. A recollida porase en marcha o luns ás 17.00 horas, até as 20.00 horas do mesmo día. Durante o resto da semana, o horario de recollida será continuo, de 10.00 a 20.00 horas, nas oficinas do club. Será imprescindible a presentación do DNI xunto co resgardo de abono para a retirada.

Os que non poidan achegarse a recoller o seu abono antes do mesmo día do partido, tamén poderán facelo o propio sábado 4 antes do comezo do Rio Natura Monbus Obradoiro – A Bruixa D’Or Manresa. Neste caso, o horario de mañá será de 10.00 a 14.00 horas na propia oficina, e a partir das 17.00 horas nun portelo habilitado no despacho de billetes de venda de entradas. En caso de acudir en representación do propietario do abono, será necesaria a autorización deste escrita sobre o propio resgardo de recollida.

Lembramos que o prezo xeral das entradas xa á venda para este primeiro encontro ante a Bruixa D´Or é de 29 euros en Tribunas Retráctiles, 24 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas 2 e Fondos. Volverán existir como habitualmente os prezos reducidos para menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65, desempregados de máis de 6 meses e federados do ámbito do baloncesto. Nestes casos, os prezos serán de 19 euros en Tribunas 1 e 15 en Tribunas 2 e Fondos.

Así mesmo, a Campaña de Abonos continúa o seu curso, con descontos dun 5% para antigos abonados, 10% para renovacións do pasado ano, 30% para accionistas con máis títulos dos mínimos e un 10% acumulable a calquera dos citados por traer a un amigo a facerse novo abonado.  Tamén existen neste caso prezos reducidos para os mesmos colectivos que as entradas deste tipo e prezos para unidades familiares.

27 de setembro de 2014 | 15:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.