Educación inviste 40.000 euros nas obras de melloras nos centros educativos de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A Concellaría de Ecuación realizou durante este verán varios arranxos e obras menores nos centros escolares do municipio en previsión do inminente inicio do curso escolar 2014-2015 do alumnado de Educación Infantil e Primaria que deu comezo o  mércores 9 de setembro.A edil de Educación, María Jesús González, visitou esta mesma mañá as obras na escola unitaria de Pravio e aproveitou para destacar que estas obras trataron de satisfacer as demandas dos colexios e por iso se levaron a cabo actuacións en todos os centros educativos de Cambre.

Destacan entre outras, a construción dunha nova beirarrúa desde o aparcadoiro até o edificio docente, o arranxo do mobiliario de varias aulas, e a refóorma da aula de informática do CEIP Emilio González López, onde ademais se derrubou un muro de bloque no patio; o parque infantil do CEIP Wenceslao Fernández Flórez con novos xogos infantís coa colocación de céspede artificial, xardinaría na antiga casa do conserxe e a nova aula de informática; no CEIP Portofaro pintouse o muro exterior do centro; e no CEIP Graxal leváronse a cabo varias obras consistentes no arranxo do empedrado do patio do centro, o cambio de tezas e a reparación do lucernario.

En canto ás escolas infantís públicas, na Escola de Pravio pintouse a aula e a fachada, e cambiouse o chan e o friso da aula. E na Escola Infantil de Santa María de Vigo, colocouse unha alarma, realizáronse traballos de fontanaría e arranxouse o xardín anexo.

En total o Concello realizou un investimento aproximado de máis de 40.000 euros e non descarta realizar algunha obra menor máis durante o primeiro trimestre do curso.

12 de setembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.