Educación de Ferrol incorpora unha persoa de apoio para menores con necesidades especiais no comedor escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Educación do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, mantivo esta mañá unha reunión cos directores de nove Centros Educativo de Infantil e Primaria (CEIP) da cidade. A edil ferrolá explicou aos directivos as diferentes novidades do servizo de catering e do persoal monitor/coidador de comedor escolar para o curso académico 2014-2015.

Entre as medidas novidosas, destaca a incorporación dunha persoa de apoio para menores con necesidades especiais. A edil de Educación tamén destacou a variedade de menús para fomentar un hábito alimenticio saudable e explicou aos directores dos centros de ensino que haberá un coordinador entre os centros e o Concello para posibles necesidades que poidan xurdir con respecto ao servizo de comedor escolar para o curso 2014-2015.

A Concellería de Educación destinará máis de 106.000 euros para este servizo de catering e de persoal monitor/coidador de comedor escolar. Así, se repartirán 500 xantares e 250 almorzos nos nove centros educativos, incluíndo ao novo comedor escolar do CEIP de Ponzos. A relación de centros de ensino que recibirán durante o curso académico 2014-2015 este servizo é a seguinte:

– CEIP Juan de Lángara

– CEIP Cruceiro de Canido

– CEIP Esteiro

– CEIP Isaac Peral

– CEIP Manuel Masdías

– CEIP de Pazos

– CEIP Recimil

– CEIP San Xoán de Filgueira

– CEIP Ponzos

Almorzó e xantar

Así as cousas, os menús escolares de almorzos estarán formados por un vaso de zume de laranxa fresca natural ou unha ou dúas pezas de froita fresca; mermeladas, aceite de oliva virxe extra; lácteos (yogurt natural, leite, queixo ou leite callada); cereais (pan fresco do día, copos de trigo, millo, arroz ou avea, ou galletas tipo Maria). Disparase, como mínimo, de 8 menús de almorzó ordinarios que se servirán de tal xeito que ningún deles se repita ata non ter servido os 7 restantes. Cada menú de almorzó deberá incluír alomenos un elemento de cada un dos grupos de alimentos antes indicados: froitas frescas, lácteos e cereais.

No que atinxe aos cantares, os menús estarán formados por: un primeiro prato composto básicamente de arroz, legumes, pasta, verduras e hortalizas. Un segundo prato que incluirá peixe, carne ou ovos; e que se acompañarán dunha guarnición de verduras, hortalizas ou patacas. O terceiro prato ou sobremesa, que incluirá fundamentalmente froita fresca ou derivados lácteos, como queixxo ou iogur. Isto irá acompañado dunha ración individual de pan fresco do día e auga mineral.

Confecionaranse como minimo de 10 menús ordinarios que se servirán de xeito de que ningún deles se repita até ter servidos os 9 restantes. Ademais, os xantares escolares deberán ter os seguintes componentes alimentarios: Cinco racións por semana de verduras e hortalizas: dúas racións semanais de arroz ou pasta; unha ración por semana de legumes; dúas veces por semana peixe fresco/conxelado; dúas veces por semana carne; froita catro veces por semana e derivados lácteos unha vez semanal.

3 de setembro de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.