publicidade hoxe

Diversos colectivos ligados á educación protestan ante o colexio no que os Reis inauguran o curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Pereiro de Aguiar
A-
A+
Europa Press

Máis de 200 persoas de diferentes colectivos ligados ao ámbito da educación concentráronse este martes ante o CEIP Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar (Ourense), ata onde se desprazaron os Reis de España, así como diversas autoridades como o ministro de Educación, José Ignacio Wert, para inaugurar o curso escolar.

As demandas dos diferentes colectivos que se concentraron ás portas do centro son diversas, aínda que se focalizaron principalmente no ámbito educativo e a maior parte das pancartas reivindicaban a retirada da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce).

Así o reivindicou a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén denunciou os “recortes” que sofre o ensino público, na mesma liña que representantes de CC.OO.

Igualmente, mobilizáronse membros do profesorado Celga, pedindo a súa readmisión, así como un grupo de persoas contrario á Monarquía, que reivindicaba que “Galicia non ten Reis” e demandaba a “independencia”.

GRUPO RETIDO

Por outra banda, a CIG informou de que a Garda Civil mantivo retido un grupo dunhas 30 persoas que participaban na protesta convocada pola CIG ante o colexio Ben-Cho-Shey.

Segundo a versión do sindicato, os axentes retiveron ao grupo a uns dous quilómetros do centro educativo para impedir que se achegasen ata o lugar onde está autorizada a concentración.

16 de setembro de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.