Difícil encontro do Santiago Futsal fronte a El Pozo Murcia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal visita mañá a El Pozo Murcia, nun encontro que se presenta complicado para os galegos, pero no que tentarán romper a etiqueta do favorito.

O conxunto galego chega a Murcia tras cultivar dúas derrotas nas dúas primeiras xornadas de Liga, en Navarra contra Jota e a da semana pasada in extremis fronte a D-Link Zaragoza en casa.

O Santiago Futsal visita a un complicado rival, candidato a gañar a liga, que non coñece o que é perder esta tempada. No primeiro partido venceu a Uruguai Tenerife e na 2ª xornada empatou en Xaén fronte a Jaén Paraíso Interior. Os de Santi Valladares apelan á épica da última vitoria en terras murcianas en partido de Liga na tempada 10/11, na que conseguiron vencer por un resultado de 4-7. Será difícil lograr unha vitoria nunha pista tan complexa como a de Murcia, na que nas últimas tempadas o Santiago Futsal cultivou dúas derrotas, un empate e unha vitoria. A tempada pasada o resultado foi de 3-1; 5-2 a tempada 12/13; empate 2-2 a tempada 11/12 e a vitoria anteriormente mencionada por 4-7 fai 4 tempadas.

Os galegos viaxaron esta noite a Murcia coas baixas de Lucho, que segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo; Santi, que sofre unha luxación nun dedo do pé dereito; e Diego Quintela, que arrastra molestias no tendón.

25 de setembro de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.