Diego Quintela, xogador do Santiago Futsal, vestirá a “Roja”

O capitán do Santiago Futsal Diego Quintela, foi chamado onte polo seleccionador nacional, Venancio López, para formar parte da absoluta nos partidos que xogará o vindeiro luns día 15 e martes 16 ante Romanía na Nucia e Torrevieja (Alacante).

Esta será a segunda convocatoria co conxunto nacional do de Arzúa. A primeira vez que vestiu a “Roja” foi ante Serbia, o 2 de Decembro de 2013, nun partido no que se estreou como goleador nacional. Agora, o pivote galego asume esta convocatoria “moi contento; espero estar ao nivel que se espera do min e dar o mellor posible”. Diego é, xunto a Fernandao, o único xogador convocado que non xoga nos tres grandes da liga Española, Inter, Pozo e Barcelona. Para o capitán compostelán “é moi positivo que me chamaran, o seleccionador coñece ao club e a forma de traballar, e isto é unha recompensa enorme”. De cara ao comezo da liga este venres en Pamplona, esta chamada supuxo un aliciente para o capitán, que recoñece que “é unha satisfacción maior, e motiva para facelo aínda mellor, estrearnos ben en Liga e conseguir os primeiros 3 puntos”

Ademais de Diego Quintela, outros 3 xogadores da canteira do Santiago Futsal están na lista de convocados: Pola, Aicardo e David Pazos; e un cuarto que, a pesar de non formarse na canteira branca, os 3 anos que xogou en Santiago servíronlle para ser chamado por primeira vez pola selección: Raúl Campos.

Catro xogadores galegos, 5 xogadores que formaron parte do proxecto branco nalgún momento da súa traxectoria… É unha mostra do gran traballo que se realiza desde o club na formación dos seus xogadores, que acaban obtendo a recompensa a ese esforzo na chamada do seleccionador nacional.

9 de setembro de 2014 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.