Deteñen na Coruña a un home cando roubaba nun vehículo
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a un home por dous roubos con forza en vehículo, no momento no que foi sorprendido cometendo un dos delitos, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia.
Os feitos producíronse ao redor das 10,30 horas do pasado día 4 cando se recibiu unha chamada na Sala do 091 alertando que nunha rúa da cidade había un coche cun portelo fracturado e un home no seu interior.
Cando se persoaron no lugar unha dotación policial, o home aínda se atopaba no interior do coche, portando unha mochila con diferentes efectos.
Os axentes policiais realizaron as xestións para a localización da propietaria do vehículo, que recoñeceu algún dos efectos que portaba na mochila como propios.
Posteriormente, presentouse en dependencias policiais outra muller denunciando o roubo con forza no seu vehículo. Neste caso produciuse tamén mediante a rotura dun portelo e nunha rúa próxima ao lugar onde se cometeu o outro feito.











